Unha nova forma de ser e de entender

Tintimán non é unha revista dos oitenta, nin unha illa filipina, tintimán é un xeito de coñecer e de ser.

Coller, levar, tomar o tintimán significa, no galego común, entenderse coas persoas, logo de coñecer os seus costumes. Saber axeitarse ao gusto ou á forma do outro; ser xusto na medida tamén, sen que sobre, nin que falte. Dicir claramente as cousas, buscando o diálogo; sabendo e entendendo dos diversos puntos de vista dunha cuestión, dunha situación.

Tintimán Audiovisual é unha nova empresa, un novo xeito de comprender o audiovisual e a formación cultural, atenta á mirada e á palabra de quen confían en nós os seus proxectos.