Apash en Cineuropa

Despois de varios meses de traballo, o documental Apash, os de fóra poderá verse por fin, este mes de novembro, dentro da programación de Cineuropa. 

O xornal La Voz de Galicia fala del e faise eco de que as sospeitas de Abreu eran fundadas: as probas de ADN amosan que Graña é, efectivamente, descendente do galego alcumado como "rei dos xíbaros". Pero o filme fala de moitas outras cousas. Podedes velo entre o 10 e o 14 de novembro durante o festival de cine independente celebrado en Compostela.