Barriga Verde rencóntrase coas orixes ao outro lado da Raia

Foi unha das derradeiras etapas da nosa viaxe polos Mundos de Barriga Verde. No Porto, onde moi probabelmente José Silvent adquiriu algunhas das técnicas de manipulación que despois aplicaría ao seu personaxe, atopámonos co teatro dos Robertos, unha tradición de títere popular e itinerante que segue viva. Case un ano despois do falecemento de Jõao Paulo Seara Cardoso, un dos principais nomes do teatro de marionetas portugués, quen recollera do Mestre Antonio Dias a arte dos Robertos, o equipo do documental viaxou ao Porto para gravar o traballo que está a facer Sara Henriques, actriz do Teatro de Marionetas do Porto, a compañía fundada por Seara Cardoso, para manter viva aquela tradición. Isabel Barros, actual directora da compañía, amosounos o edificio do Museio de Marionetas do Porto, ubicado na rua das Flores, moi perto da Ribeira, que abrirá as súas portas no próximo mes de febreiro. Anxo García, de Viravolta, conversou con elas sobre as similitudes entre o títere tradicional portugués e o personaxe de Barriga Verde, nomeadamente nos repertorios. Unha vez máis, o teatro de títeres rompe fronteiras físicas e mentais!