De Celeiro a Compostela, pasando por Lalín: Barriga Verde volveu aos camiños.

Tras a súa estrea en Celeiro de Mariñaos, "terra de mangantes", como por alí coñecen a este lugar do concello de Barreiros aberto e acolledor, o documental Morreu o Demo, acabouse a peseta prosegue o seu percurso por distintos eventos titiriteiros e audiovisuais. Estivemos en Lalín, durante o TitiriDeza, festival de títeres organizado con toda a enerxía de Viravolta, e posteriormente nos dous festivais de cine de referencia no país galego: o OUFF e Cineuropa. Tamén fixemos unha pequena parada na Pontenova, durante as súas feiras de Outono, onde acudía nos seus tempos a familia Silvent despois do San Froilán. As satisfaccións de poder confrontar o noso traballo co público son enormes, pois non estaba completo este proceso sen coñecer a reacción dos e das espectadoras. A nosa próxima parada lévanos lonxe da ruta orixinal da barraca dos Silvent, a Tolosa e ao festival Titirijai, punto de encontro de xente titiriteira de toda a Península e do Mundo. Terémosvos informadas, mais entanto deixámosvos algunhas referencias do noso periplo festivaleiro.

 Un video preparado pola equipa do Festival de Cine de Ourense tras a proxección: https://vimeo.com/52943428

 Unha crítica de Denís Renó, documentalista e experto en transmedia, que tivo a oportunidade de ver o documental en Santiago: http://ojosenelmundodotme.wordpress.com/2012/11/24/morreu-o-demo-acabous...