Mundo Tintimán

De Celeiro a Compostela, pasando por Lalín: Barriga Verde volveu aos camiños.

Tras a súa estrea en Celeiro de Mariñaos, "terra de mangantes", como por alí coñecen a este lugar do concello de Barreiros aberto e acolledor, o documental Morreu o Demo, acabouse a peseta prosegue o seu percurso por distintos eventos titiriteiros e audiovisuais. Estivemos en Lalín, durante o TitiriDeza, festival de títeres organizado con toda a enerxía de Viravolta, e posteriormente nos dous festivais de cine de referencia no país galego: o OUFF e Cineuropa.

Lisboa descobre os mundos de Barriga Verde

A duodécima edición do Festival Internacional de Marionetas e Formas Animadas de Lisboa estivo chea de celebracións. Por unha banda, o feito de cumprírense os 350 anos do nacemento de Punch and Judy motivou a presenza no festival de dúas eminencias no mundo dos professors: Rod Burnett e Penny Francis.  Pola outra, acolleu a estrea do Teatro de Dom Roberto con Sara Henriques como manipuladora, tomando así o relevo do mestre Jõao Paulo Seara Cardoso.

Barriga Verde rencóntrase coas orixes ao outro lado da Raia

Foi unha das derradeiras etapas da nosa viaxe polos Mundos de Barriga Verde. No Porto, onde moi probabelmente José Silvent adquiriu algunhas das técnicas de manipulación que despois aplicaría ao seu personaxe, atopámonos co teatro dos Robertos, unha tradición de títere popular e itinerante que segue viva.

Na procura das raíces de Barriga Verde: o Nápoles de Pulcinella

A rodaxe do noso documental sobre o monicreque galego levounos a pasar o Carnaval deste ano nada menos que a Nápoles, berce de Pulcinella, o personaxe de títeres do que bebeu toda a tradición europea. Pero, do mesmo xeito que ocorre en Galiza con Barriga Verde, a tradición das guaratelle, denominación tradicional do teatro de luva napolitano, tamén precisou que alguén o rescatara do esquecemento. Grazas a Bruno Leone ou a Salvattore Gato, que conseguiron que os últimos titiriteiros populares lles transmitisen a súa técnica, esta arte segue viva.

Apash en Cineuropa

Despois de varios meses de traballo, o documental Apash, os de fóra poderá verse por fin, este mes de novembro, dentro da programación de Cineuropa. 

Viaxamos a Londres para gravar os títeres de Punch

Parte do equipo de Tintimán audiovisual desprazouse o pasado maio a Londres, esquivando milagrosamente a nube de cinsa volcánica. O motivo, a celebración da MayFayre no barrio de Covent Garden, unha celebración anual que comemora a chegada de Pulcinella á capital inglesa. O nove de maio de 1662, un gentlemen amante das artes, Mr. Samuel Pepys, anotou no seu diario que vira en Covent Garden "unha peza italiana de marionetas, moi fermosa, a mellor que nunca vira". Aquel artista presentábase ao público londinense como "Signor Bologna, alias Pollicinella".

Distribuir contido