Quen somos

TINTIMÁN AUDIOVISUAL é unha nova produtora galega creada a finais de 2008. Na actualidade constitúena profesionais con ampla experiencia nos ámbitos da educación, da produción, da creación e da programación cultural:  

COMBA CAMPOY é xornalista, produtora, programadora cultural e actriz. En TINTIMÁN, é a responsábel de xestión, desenvolvemento de proxectos e produción.  

MARCELO MARTÍNEZ é profesor de guión e comunicación audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve tarefas na área de guión e desenvolvemento de proxectos da produtora.

 

BERNARDO MARTÍNEZ é compositor, intérprete e docente de música. Participa en distintos proxectos creativos nas artes escénicas e é autor da banda sonora de todos os traballos de TINTIMÁN. 

TINTIMÁN nace coa vocación de centrar o seu traballo en proxectos de decidido contido artístico e cultural, con especial atención á divulgación da cultura galega e cunha indiscutíbel preocupación pola calidade nos contidos e na forma en todos os seus traballos. Desde a súa creación, a actividade de TINTIMÁN foi ampla, con numerosos proxectos en marcha e outros xa rematados.