Servizos

-Produción audiovisual:

O equipo de Tintimán pode encargarse de realizar todo tipo de proxectos; desde videos industriais, divulgativos ou promocionais. Contamos co equipamento técnico e humano necesario para cubrir todo o proceso: desde a planificación, a produción, a gravación e sonorización, e a posprodución.

 

-Formación audiovisual:

Interésanos o audiovisual como unha linguaxe accesíbel a todas as persoas, unha ferramenta educativa que contribúa a mellorar as nosas vidas e ao desenvolvemento democrático das comunidades.

Desde Tintimán, organizamos e impartimos obradoiros de guión, de curtas, de análise fílmico e de documental, dirixidos a colectivos específicos, segundo demanda. Desde obradoiros para xente nova, para mulleres ou para asociacións de veciños. Adaptámonos ás túas necesidades.