Morreu o demo, acabouse a peseta (Teaser)

A máis recente produción de Tintimán vén de ser concluída! Morreu o demo, acabouse a peseta é unha longametraxe documental escrita por Marcelo Martínez e Pedro Solla, e dirixida por este último.  Tras máis de dous anos de traballo, que nos levaron por distintas rutas dos títeres europeus de luva, rematamos esta viaxe ás raíces do títere galego máis popular: Barriga Verde. 

O filme recibiu unha subvención da AGADIC e foi coproducido pola TVG, onde se emitirá proximamente. Tamén recibiu o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Pontevedra, ademais da axuda de incontábeis amigos e amigas do mundo das marionetas, como as compañías Viravolta, Tanxarina, Kukas, o Teatro de Marionetas do Porto, os Zonzon de Lyon, a asociación Vico Pazzariello de Nápoles, a Central School of Speech and Drama de Londres... E tantos e tantas outras que fixeron posíbel que esta viaxe chegase a bo fin!